sábado, 19 de febrero de 2011

HOLA A TODAS E A TODOS

O pasado 7 de Novembro no transcurso da nosa reunión semanal de catequese ocorreusenos ao noso grupo (5º e 6º de primaria) a posibilidade de crear un blog coma unha ferramenta máis a utilizar na catequese e así seguir cultivando a fé a través das nosas experiencias domingo a domingo.

En dita reunión acordouse o nome do grupo e así é como o denominamos: OS ANXOS. Tal vez non sexa o máis orixinal pero foi unha decisión moi demócrática xa que cada integrante do grupo espuxo as súas ideas e a continuación procedemos a sua votación dando como resultado o nome xa mencionado.

Esperamos que xa a partires deste intre sexa todo do voso agrado e convídovos a participar na confección deste blog ao longo de todo o curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario