sábado, 7 de mayo de 2011

PROCESIÓN DO SANTÍSIMO CRISTO DA PACIENCIA DE CONXO

Como todos vos xa saberedes, o pasado 1 de Maio partiu dende a praza do Obradoiro a procesión do Santísimo Cristo da Paciencia de Conxo e con ela clausurábase dalgunha forma a Semana Santa Compostelana.

Foi bastante concorrida debido en boa medida o bó tempo que acompañou a mañá do domingo en Santiago e iso axudou a que moitos veciños se animaran a acompañar o Santísmo Cristo na procesión que o traería de volta ata a súa parroquia que é a de Conxo.